Parque Acuático de Monterrei: Urbanismo Sostible e Naturalización da Paisaxe
- Servizo / Tipo: Urbanismo: Proxectos e Consultoría / Humanización e Naturalización de Espazos · Biofilia
- Estilo: Paisaxismo público contemporáneo e ambientalmente integrado
- Ubicación: Complexo Deportivo de Monterrei, Pereiro de Aguiar (Ourense)
Resumo do proxecto: Intervención integral de planificación urbana e paisaxística no Parque Acuático de Monterrei. O proxecto foi concibido desde unha perspectiva de planificación sostible, centrándose na humanización e naturalización dun espazo público de alto tránsito. Mediante un rigoroso estudo técnico preliminar e un traballo de consultoría, demostrouse que é posible acadar unha alta calidade estética e funcional a través de solucións de deseño biofílico que garantan a viabilidade económica e a optimización dos recursos de implementación. Este proxecto exemplifica como o ecodeseño e a planificación estratéxica permiten o desenvolvemento de infraestruturas públicas eficientes, responsables e totalmente integradas no seu entorno natural.


