Deseños de paisaxismo a medida.
¿Eres un estudo de arquitectura, interiorismo ou empresa?
ANNUA | Paisaxjismo e deseño de xardíns a medida
En ANNUA, creamos espazos exteriores e interiores que trascenden a estética e se convirten en experiencias. Realizamos deseños de xardíns que reflexan distinción, equilibrio e beleza atemporal, fusionando a natureza coa arquitectura e o estilo de vida dos nosos clientes.
Xardíns con alma que aportan calma. Sostibles e ecolóxicos, característicos, únicos e selectos. Dominamos a arte de deseñar espazos verdes de forma exclusiva.
Cada xardín é unha obra única, deseñada para aportar benestar, distinción e valor. Máis alá da estética, os nosos proxectos aportan armonía e unha revalorización do inmoble incalculable. En ANNUA, asegurámonos de que cada detalle se alinee con un estilo de vida refinado, onde a natureza se convirte en unha extensión da personalidade e a esencia do lugar.

Cada espazo ten unha historia. Déixanos deseñar a túa.
Entre os nosos servizos destacamos:
Proxectos de paisaxismo e deseño de xardíns
- Residencial
Proxectos de paisaxismo integral para vivendas unifamiliares. Planificación e deseño de espazos exteriores exclusivos en Galicia que complementan a arquitectura da vivenda.
- Terrazas, patios, azoteas y cubertas verdes
Optimización e deseño de exteriores para espazos urbanos, terrazas, áticos, azoteas e cubertas verdes. Creación de oasis privados con solucións personalizadas de distribución, vexetación, mobiliario e iluminación, entre outros elementos..
- Contract e corporativo
Arquitectura paisaxística para sedes corporativas, hoteis e oficinas en Galicia. Deseñamos ambientes exteriores, puntos de acceso e zonas comúns que proxectan a identidade e a sustentabilidade da túa empresa..
- Retail Deseño de espazos exteriores e interiores para tendas, restaurantes e locais comerciais. Creamos experiencias que atraen clientes e melloran o valor da marca.
Muros vivos, muros de musgo e xardíns verticais
Deseñamos e desenvolvemos xardíns verticais hidropónicos e solucións de deseño biofílico. Tamén elaboramos a man exclusivamente os nosos muros de musgo preservado e arte botánica para interiores únicos e proxectos corporativos.
Planificación urbana: proxectos e consultoría
Desenvolvemento de proxectos de planificación do uso do solo e desenvolvemento urbano sostible. Ofrecemos consultoría técnica especializada no deseño de infraestruturas verdes, paisaxes e integración ambiental para os sectores público e privado.
Humanización e naturalización de espazos. Biofilia
Transformamos entornos urbanos, corporativos e sanitarios integrando a natureza na arquitectura cotiá. Aplicamos o deseño biofílico para crear espazos máis saudables, humanos e sostibles que melloren o benestar das persoas.



