Como di Edward O. Wilson a biofilia é a conexión innata que temos os seres humanos ca natureza; é por iso que precisamos levala os fogares, empresa e industria para non perder esta conexión que nos acompañou un 99% do noso paso polo planeta ata a era industrial.

Cun estudiado deseño logramos mimetizarnos coa natureza, á par que se producen melloras na saúde e benestar, o que podemos denominar tamén coma paisaxismo asistencial, podendo producirse melloras en espazos interiores e exteriores.

Son un importante estabilizador de partículas de polvo en suspensión, que dotan o espazo dunha personalidade única e exclusiva. Dende logos de musgo para empresas ata fachadas, hai
um amplo espectro que cubrir. Podes solicitar información sen compromiso.

Xardíns interiores, paisaxismo en áticos, cubertas, terrazas, exteriores; todo o que poidas imaxinar para a túa empresa ou fogar. Deseños únicos e exclusivos, precedidos dun riguroso estudo do cliente e zona de actuación.